O Concello de Mondariz Balneario

O pobo de Mondariz Balneario constituíuse en Concello o 30 de novembro de 1924, ostentando dende entonces o titulo de “Moi Hospitalaria Vila”, concedido por Alfonso XIII e o Xeral Primo de Rivera, en agradecemento o bo trato que os veciños lle deparaban nas súas frecuentes visitas a Vila.

Alcaldía

Na sesión de constitución da corporación de data 17 de xuño de 2023 resultou elixido alcalde do Concello César Gil Bernárdez, cabeza de lista da candidatura presentada polo BNG.

Composición do Pleno do Concello

● César Gil Bernárdez (BNG)

● Rosa María Alcalde Seijo (BNG)

● José Luis Bouza Paz (BNG)

● Aurora Corbacho Quintela (BNG)

● Mauro Chivite Alcalde (BNG)

● María Luisa Domínguez Álvarez (PP)

● Carlos Abril Candeira (PP)

As sesións ordinarias do Pleno teñen lugar o último xoves hábil dos meses pares, ás 19:00 horas (OUTUBRO-DECEMBRO-FEBREIRO-ABRIL) e as 20.00 horas (XUÑO E AGOSTO), no salón de actos da Casa do Concello.

Sempre que a actualidade do concello así o requira, celebraranse sesións extraordinarias.

Composición da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é un dos órganos executivos do Concello.

Está presidida polo alcalde, César Gil Bernárdez, e intégrana ademais dous Concelleiros: Rosa María Alcalde Seijo, primeira tenente de alcalde, e José Luis Bouza Paz, segundo tenente de alcaldia.

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o primeiro e terceiro luns de cada mes, ás 09:00 horas e de forma extraordinaria cando sexa necesario.