Aínda non se pode solicitar, pero xa se publicaron as condicións de uso.

Quen o poderá utilizar?
Poderán ser beneficiarios das axudas do Bono Cultural Mozo as persoas que reúnan os requisitos seguintes:
-Cumprir 18 anos durante o ano 2022.
-Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.

Serán gastos e actividades subvencionables a adquisición dos seguintes produtos, servizos e actividades culturais:

Artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais: entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, ata un máximo de 200 euros por beneficiario.
Produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD, ou os coñecidos como Blu-ray, ata un máximo de 100 euros por beneficiario.
– Consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, compra de cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (os coñecidos como podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas, ata un máximo de 100 euros por beneficiario.

Podes ver as normas do Bono Cultural Mozo no BOE do 23 de marzo de 2022