Como chegar
Posicion GPS:
42º 13´30 ´´ N
8º 28´13´´ O
Mondariz Balneario está localizado na provincia de Pontevedra, na comarca do Condado, con un bo acceso dende a Autopista das Rías Baixas, collendo a saída de Ponteareas.
Está preto das cidades de Vigo e Pontevedra e preto do aeroporto de Peinador, en Vigo.
A Coruña (190 km), Santiago (100 km) e Pontevedra (40 km)
- A ruta sería a seguinte: Cóllese a A-9 ou N-550 ate chegar a Redondela. En Redondela, cóllese a C-250 dirección Pazos, A Igrexa e A Lama durante 7 km. Pasando Pazos, xurde un desvío no que se enlaza coa PO-253 cara a Ponteareas e continúase ate o desvío sinalizado a Mondariz-Balneario e Mondariz (PO-261).
- Tamén se pode acceder dende Arcade, situado na N-550, pola estrada provincial que se colle pouco despois de sair desa localidade.
Neste caso poderemos visitar o castelo de Soutomaior, unha das fortificacións máis notables de Galicia, convertido nun conxunto dotado de hospedería e salas cun importante equipamento sociocultural.
- Dende Tui (35 km) e Vigo (37 km) cóllense a A-55 e A-9 respectivamente ate O Porriño, onde se toma a N-120 dirección para chegar a Ponteareas.
En Ponteareas cóllese a PO-254 cara a Mondariz-Balneario, a tan solo 7,5 km de distancia.
- De Lugo e Ourense chégase directamente pola N-540. En Ourense cóllese a A-52 dirección Vigo ate Ponteareas, onde se colle a PO-254 ate Mondariz-Balneario (7,5 km).