/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Comic-FEST | Concello de Mondariz Balneario

21, 22 e 23 de xullo ás 21.30h na antiga lavandería.

A concelleira de Cultura, Aurora Corbacho e a tenente alcalde Rosa Alcalde presentan o festival Comic-FEST. Actividade de esparexemento, dirixida a público adulto que consiste en tres monólogos, onde se entreterá ao público asistente con contos e historias de diferentes temáticas.

  • “Elas” é un espectáculo de narración oral para público adulto da narradora Vero Rilo (Daboapipa, Apatacón, Rilo&Penadique…) ELAS é unha selección de historias de vida, de autora, tradicionais e de recollida da voz das mulleres que non tiveron nome pero que son cada unha de nós.
  • “O medo é libre”é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral. Trata a temática do medo, unha emoción coñecida por todos por ternos atopado con el nalgún momento da nosa vida.
  • “Así mo contaron…así o conto” son un conxunto de historias variadas que o monologuista elixirá unha vez estea na vila, intentando adaptar o repertorio ao público”. Trátase dun espectáculo “espontáneo”  que combina “humor con evocación” que nace coa intención de crear unha noite divertida.