O Concello ten previsto a restauración de varios mobles antigos dentro do PLAN CONCELLOS 2018- LIÑA II da Deputación de Pontevedra.
Pretendemos conseguir que estas pezas únicas volvan ser funcionais e decorativas dándolles unha segunda oportunidade de forma que alarguemos a súa vida. Pero sempre conservando a esencia e o encanto do moble orixinal.
Os mobles non están declarados de interese cultural nin catalogados pero son mobles antigos capaces de contarnos a historia do concello e provocar sentimentos e emocións que evocan recordos de tempos pasados.
Pretendese realizar neles traballos de reparación e restauración respectando en todo momento a antigüidade, coa máxima minuciosidade co obxectivo de protexer así como coidar a madeira antiga destes mobles.
Os mobles unha vez reparados colocaranse no edificio do Concello: no despacho do alcalde, no despacho de secretaria e nas salas da exposición do Museo da Auga moi preto de onde está colocado o mobiliario da habitación de estilo modernista do antigo a Gran Hotel que foi empregada pola Infanta Dona Isabel de Borbón no 1914.
O 29 de decembro ás 19.00 h na Sala de Cultura do concello, Concerto de lírica galega contemporánea ” Cantos de Amor, poemas de Xosé Neira Vilas”, coa soprano Victoria Álvarez Acón e o músico Vicente Castro Alonso.
Programa Nadal en Rede, pertencente á rede de dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra.
Actividade de balde e para todos os públicos
O vindeiro 20 de decembro ás 18.30 h teremos con nós a Fran Rei co seu espectáculo “A historia de Brancaflor”. Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown coñeceremos a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asocianse co seu respectivo xogo de maxia e ela terá que seleccionar ao seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.
Actuación pertencente ao programa Pontegal da Deputación de Pontevedra.
Sala de Cultura do concello de Mondariz Balneario
26, 27 e 28 de decembro e 02 de xaneiro de 16 a 19 horas e o día 03 de xaneiro de 16 a 20 horas.
Lugar e prazo de inscrición: concello de Mondariz Balneario do 23/11/2018 ata o 14/12/2018
Sábado 22 de decembro. O Apalpador.
19:00h. No Auditorio do Balneario de Mondariz
Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Balneario
Mondariz Balneario
Sala de cultura do Concello
Mondariz Balneario
Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Balneario
Mondariz Balneario
Sala de cultura do Concello
Mondariz Balneario
Nadal en Mondariz Balneario ✨🎄
Compartimos a programación das actividades lúdicas e culturais que terán lugar no Concello de Mondariz Balneario durante este nadal. Boas Festas a todos e todas! ... See MoreSee Less
Comment on Facebook
Nadal en Mondariz Balneario ✨🎄
Compartimos a programación das actividades lúdicas e culturais que terán lugar no Concello de Mondariz Balneario durante este nadal. Boas Festas a todos e todas! ... See MoreSee Less
Comment on Facebook
Vimos de publicar o cartaz actualizado, posto que o cinema infantil do día 21 será ás 19:30. Ademais, aclarar que o obradoiro de adornos e postais esta dirixido tamén a publico infantil
Hoxe cumprimos 100 anos, o 30 de novembro de 1924 naceu o Concello de Mondariz balneario, hoxe é a vila máis pequena de Galiza e grazas a todas/os, a máis grande de Corazón.
Grazas ... See MoreSee Less
Comment on Facebook
O Concello de Mondariz Balneario ven de abrir unha nova Ruta do Xabriña! 🌿
Compartimos un vídeo cunha selección de imaxes deste delicado e fermoso paraíso natural do que temos a sorte de contar en Mondariz Balneario.
es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-do-xabrina-mondariz-balneario-192449542?utm_medium=app&utm_c... ... See MoreSee Less
Comment on Facebook
Recentemente, fixemos cambios na localización de algúns colectores de lixo na vila, co fin de mellorar o servizo de recollida, axustar a localizacións axeitadas e reducir o seu impacto visual, tentando con estes cambios xerar un un ambiente máis agradábel para todos e todas.
É por isto que queremos lembrar a necesidade de facer un bo uso dos colectores de lixo nos espazos habilitados, depositando as bolsas pechadas sempre no interior dos mesmos e separando adecuadamente os residuos. Son pequenas accións, que facilitan en gran medida a recollida, axudan a manter as nosas rúas máis limpas e o nosa vila máis bonita, ao tempo que fan o servizo economicamente máis sustentábel.
💚 Grazas por contribuir ao coidado da nosa vila! ... See MoreSee Less
Comment on Facebook
Entre os actos do centenario que teran lugar esta fin de semana, poderemos desfrutar da representación teatral "Que falen os feitos", sobre a orixe de Mondariz Balneario, dirixida por Roi Vidal Ponte e interpretada por veciños da localidade e arredores.
Sera no auditorio do Balneario de Mondariz a partir das 17h do domingo. Non a perdas! ... See MoreSee Less
Comment on Facebook