>> Ver cartel
Co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do seu programa de subvencións para rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural para o ano 2019 dirixidas a concellos da provincia de Pontevedra, o Concello de Mondariz Balneario procede a realización da obra de “conservación e acondicionamento da Alcaldía e do Salón de Plenos da Casa do Concello”, por importe de 3.511,37 €, consistente principalmente na conservación do solo do despacho da Alcaldía, así como o pintado dos teitos e mailos tabiques de madeira de ambas estancias.
Dec 27, 2019