Volve Rogelio, cun espectáculo desde a súa casa. Unha cura colectiva para perder o medo. Unha terapia de choque. Cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron e que nos porán os pelos de punta. Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos.
17 de xullo ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel.
Espectáculo de circo para todos os públicos. En caso de chuvia a actividade trasladarase á Sala de Cultura do concello. Espectáculo con capacidade limitada. Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia.