O vindeiro 24 de outubro ás 19.00 horas realizaremos unha charla de sensibilización do trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) a cargo de Paula Fernández Rodríguez, psicóloga experta en adolescencia, trastorno da conducta, aprendizaxe e TDAH.
Para poder asistir é necesario inscribirse enviando un correo a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es indicando nome e apelidos e un número de contacto.
Prazo para inscribirse do 3 ao 20 de outubro.