O vindeiro 27 de outubro, día nacional do TDAH, teremos con nós a Paula Rodríguez, psicóloga do gabinete Personalmind, experta en infancia, adolescencia, TDAH e trastornos da conducta. Nesta charla, que terá lugar na sala de cultura ás 19.00 h, Paula vainos falar deste trastorno e daranos as claves para poder identificalo e saber como xestionalo, os recursos que temos dispoñibles e moitas outras claves.
Necesaria inscrición previa indicando nome e apelidos, e un número de teléfono de contacto. Prazo para anotarse, do 4 ao 24 de outubro. Actividade con cabida limitada.