Martes a venres: de 16:00 a 21:00
Sábado: de 9:00 a 14:00
Constitución 1, Mondariz Balneario
36890 Pontevedra
mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es
Desde decembro de 1979, Mondariz-Balneario conta cunha Biblioteca Pública Municipal, ocupando esta a metade da planta baixa do edificio da Casa Consistorial. Cunha superficie total de 60 m2, posúe unha zona de lectura infantil, un espazo de consulta de novidades e unha zona multimedia equipada con 4 ordenadores con acceso a internet de balde. Ademais conta con conexión wifi sen custe para as persoas usuarias.
Na planta primera, a biblioteca dispón dunha zona de depósito con mais de 8000 exemplares e unha superficie de 96 m2 a disposición das personas usuarias mediante á súa consulta en liña no catálogo de bibliotecas públicas de Galicia: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
Automatizada co programa Koha, a B.P.M de Mondariz-Balneario ofrece ás persoas usuarias diversos servizos, como a lectura na sala, información e orientación bibliográfica, empréstitos a domicilio de documentos (libros, películas), servizo de hemeroteca, consulta da prensa diaria así como de publicacións periódicas de diversa temática e a realización de diversas actividades culturales durante todo o ano.
A información e os exemplares bibliográficos están clasificados co sistema de CDU (Clasificación Decimal Universal), empregado en todas as bibliotecas públicas estatais, ao tiempo que os estantes adicados á lectura infantil posúen unha ordenación dos documentoss segundo a idade das persoas lectoras, distinguindo de modo claro catro grupos de lectores, os de 3 a 5 anos; os de 6 a 8; de 9 a 11 ; e de 12 a 14 anos. A partir desta idade poderán acceder á lectura dos libros da sección xuvenil.