A partir do día 30 de outubro de 2023 entrará en funcionamento o servizo de comunicación de incidencias Linea Verde en Mondariz Balneario.

O servizo é totalmente gratuíto e pretende construír unha Administración mais áxil, mais participativa e menos burocrática. Para poder empregar este servizo so é necesario descargar a aplicación Linea Verde no teu teléfono ou dispositivo móbil e escoller o Concello de Mondariz Balneario para comunicar as incidencias.

O procedemento é rápido e permite poñer en coñecemento dos responsables municipais calquera incidencia que encontres na nosa vila.

Para comunicar a incidencia so terás que seleccionar o botón “Nova Incidencia” escoller o tipo de incidencia, achegar unha foto e unha observación sobre a mesma. Unha vez enviada, o persoal do Concello recibirá unha notificación do desperfecto e a partir dese momento comezaran os trámites para darlle solución, recibindo unha notificación cando este resolto.

Coa aplicación poderanse recibir comunicacións informativas que emita o Concello de Mondariz Balneario, axenda cultural, bandos, avisos, etc. previa solicitude.

Descargar bando

Descargar informe de intervención