A escaseza de choivas nos últimos meses provocou que a reserva de auga sexa cada vez menor. Dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pídesenos que tomemos medidas:
Para o Concello
- Aforro no suministro para usos non prioritarios, como rego de xardíns, piscinas, campos xogo e baldeos das rúas
- Reducción da presión nocturna en redes urbanas
- Revisión e control das liñas en alta e baixa nas captacións de auga para abastecemento
- Vixilancia no funcionamento das depuradoras
Para a veciñanza
- Pechar a billa durante o enxaboado e o cepillado.
- Emprego da ducha para evitar o uso de auga innecesaria.
- Usar os sistemas de aforro de auga.
- Encher a lavadora e o lavalouzas en cada lavado.
- Reutilizar auga sobrante do lavado de alimentos.
Para os regantes:
- Medidas de aforro de subministración en usos e destinos non prioritarios de rega.