Contando coa axuda recibida da Consellería de Política Social, co financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, o Concello de Mondariz Balneario levou a cabo unha serie de obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas da Gardería Infantil Municipal, así como a adquisición de novo equipamento para mantela nas mellores condicións de funcionamento de cara a correcta prestación do servizo de educación e atención á primeira infancia.
Por unha banda, foi necesario substituír o pavimento do patio exterior da planta primeira e acondicionar o muro de peche do patio exterior da planta baixa. Por outra, dotouse a escola infantil de novo mobiliario tanto interior como exterior, material didáctico e de xogo, así como dos dispositivos necesarios para a integración das novas tecnoloxías na aula.
>> Ver cartel