Persoas beneficiarias:
Serán beneficiarios dunha axuda, en pago único, de 200 euros de contía, as persoas físicas que na data de entrada de vigor do real decreto-lei 20/2022, de 27 de diciembre, realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou sexan desempregados rexistrados na oficina de emprego, sexan beneficiarios ou non da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2022 percibisen ingresos inferiores a 27.000 euros anuais, e tivesen un patrimonio inferior a 75.000 euros anuais a 31 de decembro de 2022.
O cómputo de ingresos e de patrimonio efectuarase considerando os importes previstos no parágrafo anterior deste artigo de maneira conxunta co seu cónxuxe ou parella de feito rexistrada no rexistro de unións de feito da Comunidade Autónoma. Atenderase á situación existente ao 31 de decembro de 2022.
Persoas excluídas:
Persoas que xa cobren o IMV ou reciban pensións do Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado, así como quen perciba prestacións análogas ás anteriores recoñecidas aos profesionais non integrados no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos polas mutualidades de previsión social.
Solicitude e prazo:
A axuda será xestionada coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, previa solicitude dos beneficiarios. A solicitude presentarase na Sede electrónica da AEAT, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma desde o 15 de febreiro ata o 31 de marzo de 2023 e no que, necesariamente, deberá figurar a conta bancaria na que se desexe que se realice o abono.
Sistema de identificación
Precísase contar con: DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN
Prazo resolución:
3 meses.