O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas ao alugueiro de vivenda habitual

As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario VI483A

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2023 e estará aberto ata o día 5 de maio de 2023.
Para consultar os requisitos tedes máis información no DOG do 14 de decembro de 2022 e en https://igvs.xunta.gal/alugamento