Continuamos traballando para evitar as infiltracións de augas limpas na rede de saneamento, co obxectivo de mellorar o sistema e facilitar novas conexións á nosa depuradora. 
Xa executamos a renovación do colector do Escobeiro, grazas aos fondos da Deputación de Pontevedra. Agora, grazas a obter unha subvención da Xunta de Galiza a través de Aguas de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. , por importe de 33.014,38 €, actuaremos no colector xeral da Av. Enrique Peinador, seguindo na labor de optimizar os servizos públicos e protexer o medioambiente. 