Co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do seu programa de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2020, o Concello de Mondariz Balneario procedeu á realización da obra de “Traballos de conservación dos cadros eléctricos da Casa do Concello e pintado do Colexio”, por un importe de 3.509,77€, consistente principalmente na substitución dos cadros eléctricos da casa do Concello e pintado das fachadas do Colexio Público Nosa Señora de Lourdes.

>> Ver cartel

PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR 2021

A DXT é o organismo encargado de expedir os permisos de conducir en España. Para garantir que todos os condutores teñen os coñecementos necesarios, os aspirantes deben superar un exame teórico e outro práctico. Para obter un novo permiso de conducir, deben presentar...
Obradoiro e igualdade e prevención da violencia de xénero

Obradoiro e igualdade e prevención da violencia de xénero

O Concello de Mondariz Balneario coa colaboración , do Ministerio de Igualdade, Consellería de emprego e igualdade organizou un obradoiro e igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado do Ceip Nosa Señora de Lourdes no que deseñaron un calendario para que...