O Ministerio de Educación convoca 600 axudas para participar no programa “Aulas da Natureza” durante o período comprendido entre o 3 de xullo ao 11 de agosto de 2022.
A finalidade do programa nacional “Aulas da natureza” é favorecer as actividades de ensino e aprendizaxe dentro dun marco de convivencia entre alumnos de diferente procedencia e nivel socioeconómico e capacidade, no que a inclusión e a normalización xogan un papel determinante, nunha contorna educativa non formal e en contacto directo coa natureza. Tendo en conta que un dos obxectivos principais do programa é a inclusión, no mesmo está prevista a participación de ata un 30% de alumnado con necesidades educativas especiais.
Requisitos
– Alumnado que non presente necesidades educativas especiais e que esté a cursar 6º curso de Educación Primaria ou 1º de ESO.
– Alumnado que presenta necesidades educativas especiais: estar diagnosticado como alumno con necesidade específica de apoio educativo por presentar necesidades educativas especiais, podendo estar escolarizado tanto en centros ordinarios como en centros específicos de educación especial e cursar o último curso de Educación Primaria, o primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Básica Obrigatoria.
As actividades desenvolveranse en tres períodos de 12 días:
1º quenda: do 3 ao 14 de xullo de 2022
2º quenda: do 17 ao 28 de xullo de 2022
3r quenda: do 31 de xullo ao 11 de agosto de 2022
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2022.
Máis información no BOE do 31 de marzo de 2022 e en
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html