O Concello de Mondariz Balneario ven de conseguir unha subvención en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento dos custos de prestación de servizos de información e atención ao público en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas do ano 2025. A contía será de 7.000€ que representa o 26% do custe total da Oficina.
