O vindeiro 11 de novembro realizarase un acto público de recoñecemento da Plataforma S.O.S Xardíns de Mondariz-Balneario.
O acto terá lugar na escalinata do Bosque ás 16.00 horas, cun paseo comentado polos xardíns e co descubremento dunha placa conmemorativa ás 17.15 h.
O evento estará amenizado pola actuación de Beatriz Martínez (arpa celta) e Diego Langarika (corda).