22 de abril ás 18.00 h na sala de cultura: a compañia Tarabelos vainos traer unha contada para público familiar, “KAMISHIBAI”, espectáculo de contacontos que recolle a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, un espectáculo de contacontos debuxado ao 100%, onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, vestir… Nesta contada debuxaremos e descubriremos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega…
Artigos recentes
- Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 6.111,54€ coa finalidade de suministrar material deportivo para as instalacións deportivas, a suministración será de porterias, aros, xogos de redes, material deportivo para futbito, baloncesto e tenis asi como elementos para a práctica deportiva.
- O Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 17.242,50€ coa finalidade de suministrar o equipamento necesario para uso das instalacións deportivas. Con este fondos dotarase os espazos do equipamento na zona de vestiarios e baños asi nas zonas do xinmasio e almacén.
- O Concello de Mondariz Balneario ao abeiro da liña 3 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra consigue fondos para a contratación de 5 peóns forestais, 1 peón recollida de lixo, 1 peón de oficios varios e 1 técnico/a de turismo. Os contratos serán formalizados durante este ano 2026. A inversión será de 77.194,26€ dos cales a Deputación de Pontevedra achega 61.785,44€
- Próxima apertura do prazo de presentación de solicitude para praza na escola infantil municipal para o curso 2026-2027
- Aberto o prazo de inscrición para o servizo de conciliación de verán en Mondariz Balneario