Este mes de xullo, volve con forza a actividade turística e cultural no noso Concello. Compartimos a axenda completa e información de interese para participar nas distintas visitas guiadas e actividades.
Visitas guiadas: Percorrido polo barrio de San Pedro, Puro Romanticismo. Pequenos detalles dunha Vila Termal e Roteiro do Agüista: saída ás 11:0011:00 horas. Punto de inicio: “A Fonte da Gándara”. Duración das visitas 1 hora e media aproximadamente. Para poder realizar as visitas guiadas, recoméndase facer reserva previa no e-mail: turismo@mondarizbalneario.es.
Portas Abertas no Invernadoiro: Abrimos o invernadoiro de 10:30 a 12:30
Sesión Vermú, Animación infantil e Maxia: Publicarase máis información nas redes sociais.
**Nota: as variacions que poida xurdir neste programa publicaranse nesta páxina web e nas redes sociais.