No concello de Mondariz-Balneario desenvolveránse dúas xornadas arredor do cineasta e fotógrafo José Gil. A primeira delas, o 1 de xuño pola mañá, adicaráse aos centros de ensino, onde os estudantes se achegarán ata a sala de cultura para coñecer os filmes e a persoa de José Gil, xunto cunha visita ao cinemóbil.
Na segunda xornada, o 3 de xuño de 10.00 a 14.00 h nos xardíns do Gran Hotel, haberá diferentes actividades, proxeccións, visitas ao cinemóbil a presentación do libro “Nos días encantados de agosto” de Manolo González (premio Antón Losada Diéguez de investigación e ensaio 2023), e unha sesión vermú a cargo da Banda de música Cultural de Mondariz. Pola tarde ás 19.00 h na sala de cultura haberá proxeccións de balde para todas as persoas interesadas.