Baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.
Tedes toda a información no seguinte enlace http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran