A Xunta abre o prazo para participar na cuarta edición de Xuventude Mentoring. Trátase dun programa de formación e orientación promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas tres universidades galegas para apoiar e acompañar os mozos e mozas que se atopan nun momento de inicio laboral tras remataren os seus estudos de grao ou de FP superior.
Poden participar as persoas de entre 18 e 30 anos inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil con estudos finalizados de grao, de FP superior ou de ensinanzas de réxime especial. O prazo de inscrición vai do 28 de agosto ao 18 de setembro.
Toda a información pódese consultar nas bases do programa, así como acceder ao formulario de inscrición.