O Concello de Mondariz Balneario, a través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadanía e, así, favorecer as compras en todo o termo municipal presenta A PROPOSTA COMUNITARIA de Decoración do Nadal dirixido a todos os negocios, asociacións e familias que forman o noso Municipio.

O obxectivo e intentar que os lugares do noso Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fins:

  • Dinamizar a participación activa da veciñanza da nosa vila.
  • Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
  • Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten a localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.
  • Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
  • Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe

ÁNIMATE E PARTICIPA DO NADAL EN MONDARIZ BALNEARIO

Bases