O vindeiro 16 de setembro ao remate da festa da bicicleta teremos con nós a Teatro Ghazafelhos presentándonos “A illa sen tesouro”, unha obra de teatro para público familiar, de aventura, de piratas, coa participación do público. Música, bailes, pelexas de espadas e toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos. Será ás 20.00 hrs nas pistas polideportivas.
Actividade subvencionada pola deputación de Pontevedra.