O vindeiro 20 de decembro ás 18.30 h teremos con nós a Fran Rei co seu espectáculo “A historia de Brancaflor”. Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown coñeceremos a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asocianse co seu respectivo xogo de maxia e ela terá que seleccionar ao seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.
Actuación pertencente ao programa Pontegal da Deputación de Pontevedra.