A Deputación de Pontevedra a través do Plan Máis Provincia 2026 – Liña 2 concedeulle ao Concello de Mondariz Balneario a contía de 25.561,40€ para “Actividades culturais, deportivas e sociais”. Esta subvención serve para financiar parte das actividades culturais, deportivas e sociais da vila no ano 2026. Esta liña da Deputación fai posible que o Concello goce dunha actividade cultural, deportiva e social dunha gran calidade. Algúns exemplos das actividades financiadas son Banda de Música de Mondariz, Banda de Música de Tui, Concertos das sesións vermú dos mercados….etc

