A Deputación de Pontevedra a través do Plan Máis Provincia 2025 – Liña 2 concedeulle ao Concello de Mondariz Balneario a contía de 25.971,36€ para “Actividades culturais, deportivas e sociais”. Esta subvención serve para financiar parte das actividades culturais, deportivas e sociais da vila no ano 2025, concretamente a lista que aparece aqui abaixo. Exemplos como a Banda de Música de Rubiós, o MondaRir, sesións vermú do mercado de artesanía, etc…..