O vindeiro 16 de xuño ás 19.00 h teremos con nós ao Mago Teto na sala de cultura coa actividade 4500 anos da incrible historia da maxia. Trátase dunha conferencia que pretende espertar o interese pola maxia e achegar os asistentes á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo.
As fantásticas historias da maxia, irán acompañadas coa realización de xogos de magos doutra época. A conferencia arrinca en Exipto, onde tivo lugar o primeiro xogo de maxia e segue polo misterioso Oriente, introducindonos na idade medieval, onde moitos magos acabaron na fogueira acusados de pactos co diaño, ata a publicación do libro de “The Discovery of Witchcraff” no 1584, o primeiro libro escrito dedicado completamente á maxia.
Continuaremos polo século XIX, onde coñeceremos as fazañas de Houdini para adentrarnos no século XX,a época dourada do ilusionismo.
Actividade para todos os públicos, pertencente ao Programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia