A Deputación Provincial de Pontevedra, ao abeiro da Liña 2 do Plan Máis Provincia 2024 concedeu a axuda de 23.325,17€ co obxecto de financiar os traballos de mantemento e mellora do arborado de Mondariz Balneario.
As actuacións consistiron en aplicar o estudio realizado en Decembro do 2023 sobre máis de 200 especies. Neste caso taláronse 26 árbores da especie Platanus Hispanica que según o dito informe corrian risco de caida, destoconouse un total de 51 unds e plantaronse 40 unds de diferentes especies.
Con esta actuación somos quen de sanear un dos maiores problemas que tiñamos pola incerteza do estado das nosas árbores.